Socia fundadora de Alén, cooperativa especializada en consultoría en sustentabilidade e Economía Circular. Diplomada en Ciencias Empresariais (UDC, University of Ulster e SouthBank University), Master International Business (Escola de Negocios Caixanova) Experta Universitaria en Sustentabilidade e Innovación Social (UDC) e Sustentabilidade, Saúde e Seguridade do Produto, “The Right Product” (ISEM).
Especialista en certificación S de sustentabilidade turística (ICTE). Curso Sustentabilidade empresarial e ODS (F R do Pino).
Con máis de 18 anos de experiencia multidisciplinar en diferentes áreas, principalmente compras no sector téxtil para grandes multinacionais da moda, actualmente desenvolve proxectos de consultoría e formación na cooperativa Alén.
Participou en diversos proxectos para Pemes, gran empresa, entidades da economía social, administración pública e terceiro sector, incluíndo estratexias de sustentabilidade, memorias de sustentabilidade, elaboración de guías sectoriais sobre temáticas específicas relacionadas coa sustentabilidade e a Axenda 2030.
Deseñou e impartiu cursos, charlas, talleres e moderado mesas redondas en temáticas ligadas á economía social, sustentabilidade, RSC e o impacto local.